Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

luns, 26 de novembro de 2012

Presentación do libro "TREBOADA GALEGA"

O próximo día 30 de novembro, faremos a presentación do libro Treboada Galega, escrito por Xerardo F. Santomé, logo de moitos anos de investigacións e traballos de campo.
Trátase dun fermoso e riguroso traballo sobre as treboadas da bisbarra de Tomiño, que consta, ademáis do libro, dun dvd e planos dunha gaita de treboada.
Na presentación haberá tamén unha pequena mostra en vivo dunha treboada e veremos a gaita de barquín.
Non volo perdades, o venres 30 de novembro ás 20:00 horas no auditorio da escola, no edificio anexo no primeiro andar.


venres, 19 de outubro de 2012

INSTRUMENTOS MUSICAIS POPULARES GALEGOS

Unha vez solventados os problemas coa wifi, e para inaugurar o blog, imos lembrar un traballo que fixemos neste obradoiro hai anos, en colaboración con outros músicos, entre os que se atopaban Anxo Pintos e Carlos Nuñez.
Este traballo composto de 3 Lp´s (agora 2 Cd´s), un libro e varias diapósitivas (co formato CD perdéronse as diapósitivas), sigue estando vixente no que á divulgación dos instrumentos tradicioanis se refire.
Editado polo selo SONIFOLK de Madrid, aínda o podedes conseguir si vos interesa.