Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

Libros recomendados






Agustín Lorenzo Loroño, O Gaiteiro de Catoira, escrito polo músico Xosé Ameneiro e publicado por Edicións do Cumio dentro da súa colección multimedia. A obra é un percorrido pola vida e a música deste gaiteiro, fundador do grupo, aínda activo, Brisas do río Ulla. Agustín foi ademais unha figura fundamental para xeracións posteriores de gaiteiros, chegando a súa influencia ata grupos como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesmamente Milladoiro. A publicación deste libro complétase con partituras das pezas que popularizou, unha guía de audición e un DVD, materiais a través dos cales achegarse á traxectoria deste músico tradicional.




Escrito por Xerardo F. Santomé, logo de moitos anos de investigacións e traballos de campo.Trátase dun fermoso e riguroso traballo sobre as treboadas da bisbarra de Tomiño, que consta, ademáis do libro, dun dvd e planos dunha gaita de treboada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario