Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

martes, 25 de novembro de 2014

TOCAR PECHADO NA GAITA (1984)

TOCAR PECHADO NA GAITA (1984)

Logo dunha temporada un pouco inactivo deixovos este documentas sobre o toque pecahdo na gaita, realizado por PAblo Quintana ala olos anos oitenta. Nel podedes ver a personaxes senlleiros da máusica de gaita xa falecidos que explican cadansúa forma de tocar pechado.





















xoves, 25 de setembro de 2014

Estudo sobre a orixe da palabra: GAITA

Aqui vos deixo o enlace onde podedes ler o estudo feiro recentemente sobre a orixe do termo GAITA. Ata o de agora a hipótese máis aceptada era a raíz gótica GAITS, segundo este estudo a orixe podería estar no gaélico. animádevos a leelo.

Estudo orixe da palabra gaita

venres, 27 de xuño de 2014

Promoción 2014

Ahi van, estes cinco alumnos rematan os seus estudos en CAIM Gaita, algún deles xa ten un inicio de obradoiro particular, polo que desexámoslles moito traballo e sorte de cara ó futuro.



Imos rematando traballos

Deixovos unhas imaxes do traballo rematado de Alberto Muiños, unha preciosidade de gaita cun doble anelado moi sutil. O vestido e farrapos son obra da súa nai, os farrapos son feitos a man de liño.



mércores, 11 de xuño de 2014

Hai uns anos tiven acceso a unhas cantas pezas dunha colección privada de Ourense. Hoxe ó coller uns apuntes no trasteiro caeu esto. No momento pensei que estaba feito de ébano, agora o dubido, podería ser madeira tinguida... Algún día atoparei as fotos!

mércores, 7 de maio de 2014

Video da visita ó Obradoiro Antón Corral

Deixovos aqui un video feito por Rubén, alumno de zanfona da visita que fixemos hai uns días ó Obradoiro Antón Corral, en Tui. Desfrutádeo.

Video da visita Obradoiro Antón Corral

luns, 28 de abril de 2014

Biblioteca da EMAO: Exposición das Pezas máis Curiosas do Gabinete das...

Exposición das Pezas máis Curiosas do Gabinete das Marabillas na Hemeroteca



O pasado venres, presentouse na hemeroteca o libro O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos. No acto no que interviñeron Manuel Bragado, Pablo Carrera, Pilar Barreiro e os autores, contou coa asistencia de numeroso público e rematou cun pequeno homenaxe aos nosos veciños portugueses no aniversario da Revolución dos Caraveis, entonando algunhas estrofas da "Grândola, Vila Morena" de Zeca Afonso. 
Os autores prepararon unha exposición das pezas máis curiosas deste gabinete que se poderá visitar, durante o luns, 28 e o martes, 29 de abril, na hemeroteca da EMAO.





mércores, 23 de abril de 2014

Visita ó Obradoiro Antón Corral

Onte pola tarde levamos ós alumnos de CAIM I e II ó Obradoiro Antón Corral, foron case tres horas de visita, e non foron máis porque había que marchar. Ninguén tiña prisa por sair daquel santuario dos instrumentos tradicionais. Antón explicou todo o que se lle preguntou e máis (coma sempre), contounos páxinas da historia da nosa música descoñecidas para a maioría, que son páxinas da súa propia vida.
En definitiva, todos quedaron con ganas de volver e seguir escoitando ó Maestro de maestros.





venres, 28 de marzo de 2014

Esencias de torno 5. Oliveira (Olea Europaea)

Oh rama que verde rama...
Prontos a celebrar a festa da reconquista de Vigo, cidade olívica, paréceme o máis propio facer unha entrada que fale un chisco do uso desta esencia para facer instrumentos de vento.
 
 Así era o miradoiro do Berbés, e a oliveira.
 
Hai unhas 35 especies do xénero Olea, a nós interesanos a común Olea Europaea tanto a Sativa (cultivada) como, e especialmente, a Sylvestris (a que chamamos en castelán ACHEBUCHE que no é de cultivo e é esteril respecto da Sativa). A variedade silvestre que agora estase utilizando masivamente en xardinería e reforestación ten unha madeira máis dura e compacta pero con posibilidades de diámetro menor.
 

As follas da variedade silvestre poden ser moi pequeniñas e parecidas ás do buxo, presenta en moitas ocasións espiñas nas polas e as oliviñas que dan son diminutas.
 
Son as oliveiras  árbores perennifolias, de tamaño mediano e con tronco nudoso. Atópanse  en toda a rexión mediterránea e Oriente Próximo A madeira de olivo é unha madeira de extraordinaria beleza con vetas entrelazadas que semellan marmóreas e que ten un acabado moi fino dando un torneado que se semella moito ó do buxo. Apreciada polos escutores e tallistas esta curiosamente pouco comercializada tendo en conta que hai enormes extensións de oliveiras, autenticos mares vexetais, en provincias como Jaén ou Córdoba. A cor da madeira de sámago e branca e o cerme é amarelo veteado de pardo máis ou menos avermellado. Cheira un pouco rancia, ten un sabor (para quen a probe claro) amargo e un tacto naturalmente aceitoso. A súa densidade é de 850-1.120Kg/m3.
 

Bonita eh!
 
A oliveira cultivouse en Galiza amplamente dende os tempos dos romanos, como demostra o descubrimento de ruínas de almazaras da época ,como a de Teis, en Vigo. Tratabase dun cultivo común , canto menos nas provincias de Lugo, Ourense e sur da de Pontevedra até os tempos dos Reis Católicos, que mandaron cortar as oliveiras galegas para garantir a Andalucía o monopolio da produción de aceite. Aquela orde exceptuaba unha árbore por parroquia, coa fin de permitir obter o aceite necesario para o gasto da igrexa por iso nos adros de moita igrexas atopamos unha oliveira centenatia. Polo clima suave da comarca de Vigo na antigüidade plantáronse gran cantidade de olivos polo que a nomearon olívica. Cando  Isabel a Católica fixose co trono de Castela impulsada pola burguesía castelá, a maioría dos nobres galegos defenderon a herdeira lexítima da coroa,  Juana, e tamén porque Isabel era a cabeza dunha clase social que plantexaba acabar co sistema político de autonomía e base social que representaban os feudos. Na guerra os partidarios de Isabel para someter as comarcas queimaron todo o que poideron. En Vigo so quedaron uns poucos olivos que se converteron nun símbolo da cidade. Por iso, a Vigo, aínda lle seguen a chamar a cidade olívica.
 

 Así é a silvestre.


 
Volvendo á madeira hai que advertir que presenta problemas de secado con tendencia a fenderse lonxitudinalmente. Contra esto hai varios métodos tradicionais para asentala, dende enterrar os toros cortados en terras arxilosas ou areas con calizas e regalas de cando en cando até metelos en caixóns de aserrín que se mudará cada certo tempo. Esto faise tamén con outras madeiras, é cuestión de experimentar.
Ten unha resistencia particular á humidade e crase e límpase co aceite que a propia oliva produce por eso utilízase moito na cociña para facer todo tipo de utensilios.
 

Non hai Chef que non teña unha destas.
 
 Frauta alto de oliveira.
 
O pau de oliveira úsase ampliamente para a fabricación de instrumentos de vento, especialmente frautas de bico porque ten un fermoso acabado e son aínda que precisa de certos coidados porque pode abrir polas vetas. O seu uso en otros instrumentos e menor pero teño referenciado dende pínfanos a clarinetes desta esencia.
Houbo é hai gaitas de oliveira pero de forma minoritaria... que peniña!
 

Este punteiro é do fabricante Sonoda, un xapones que fai gaitas galegas en Alemaña....o mundo xira e xira!
 

 
 

...O rama da Oliveira!
 
 
Despidome pensando en que van a expulsar ó frances, Cachamuiña co machado na man!
...Citroen, Carrefour, Auchan, Decathlon?
JAJAJA moita festa!
 

luns, 24 de marzo de 2014

Visita dos alumnos de gaita do Conservatorio

O mercores pasado, día 19 de marzo tivemos o pracer de contar coa visita dos alumnos de gaita do Conservatorio Superior de Música de Vigo, rapaces moi novos que está a aprender a arte de facer música tradicional.
Espermos nun futuro poder contar con algún deles como alumno no noso obradoiro para profundizar na construución do instrumento.
O noso agradecemento para os mestres por traernos a nova xeración de gaiteiros.



luns, 10 de febreiro de 2014

Un pequeno fracaso.

Como os meus compañeiros das mañás ben saben, basicamente porque o sufriron, quixen facer as anelas da gaita en óso. Pareceume o substituto perfecto do marfín natural e contrastaba perfectamente co granadillo, así que púxenme a buscar o xeito. Estes son os resultados.

O primeiro foi buscar ósos do maior diámetro posible, buscaba boi pero nas carnicerías de Vigo só teñen tenreira. 
 
O seguinte foi  limpar o material.
 

para empezar facemos algo tan simple como preparar un caldiño; auga, sal e os ósos... Eu despois fago sopas...así ando esta tempada co colesterol!

Utilizar unha pota rápida e un bo medio porque a presión fai que se dilúa o colaxeno con maior eficacia.
 
Esto é o que nos queda:
 

Da un puco de traballo retirar o miolo, eu utilizo unha agulla de calceta que me chega ó final do óso. Hai que sacalo ó máximo posible. A min particularmente encantame untar un pouco en pan, se é centeo mellor, e comelo... o meu colesterol saese das gráficas! Á miña muller dalle un noxo total (ela esta sana).
 
 Para continuar enchemos un bote grande de peróxido de hidróxeno (auga osixenada) e deixamos os ósos entre cinco días e unha semán. Esto desfai as graxas que quedan aboiando na superficie.
Hai quen o fai con lixivias pero estas desfan o óso e dan moi mal cheiro (si, peor ainda do que xa ten!).
O que queda é esto:
 

 Xa están branquiños!
 
Agora hervímolos novamente, deixamos que enfrien e raspámolos cun coitelo para retirarlle todos os restos.
 

Listos para traballar.
 
Hai que deixalos secar ben!
O proceso de torneado non o poño, máis que nada porque tras probar diferentes sistemas podo dicir que ningún resultou totalmente. O óso, salta, parte... e cheira mal (mal como a dentista perforando os dentes mixturado con animal morto -os meus compañeiros estaban encantados!-)





Despois de moito enlear, e darlle voltas (nunca mellor dito traballando cun torno) esto foi o que quedou... non me deu nin para unha anela...
 

 ...pero bonitiñas si que son!
UN SAÚDO!

venres, 24 de xaneiro de 2014

Esencias de torno 4. Pereiras Bravas. (pyrus cordata/ pyrus pyraster)

Ola a todos, eiquí estamos un ano máis ou un ano menenos dandolle voltas á construcción de instrumentos de vento...
...Pao de pereira, de vello cortado, nin racha, nin fende ni será virado... eso nos conta un vello adagio popular. Hoxe vouvos  falar dunha madeira que está entre as que antigamente eran utilizadas para facer gaitas na Galiza e actualmente está en total desuso.
Cando investigamos mínimamente na biblíogafia que existe sobor a construcción de gaitas en outros tempos hai constantes referencias á utilización de madeira de pereira para construir instrumentos. Pola contra, e moi difícil atopar documentación gráfica que testifique ese uso. A única imaxe que posúo dunha gaita supostamente feita de madeira de pereira é a que mostro, enviada no seu momento por un bo amigo, e da que non podo ( por falta de información) asegurar o cento por cento que realmente sexa desa esencia.

 igualmente a poño eha!
Pola contre é doado testemuñar o uso de pereira na fabricación de outros instrumentos de vento, especialmente nas frautas de bico, as chirimias e as cornamusas (non confundir coa familia das gaitas , estas son sen fol)


 


                                                                                    unha cornamusa de pereira
As pereiras son árbores que medran até aproximadamente os 20m de altura nos especimes de maior idade. Coñecense individuos con uns 400 anos de idade. Teñen ass follas ovadas, máis ou menos redondeadas, coa face verde escura. As frores varian do branco ó rosa. Como é lóxico sendo unha especie de cultivo hai variedede de variedades de árbores que dan peras. Nós particularmente imonos interesar por dúas  que teñen unha caracteristica común; medran de forma silvestre o que supón que non son inxertadas e a súa madeira é de maior dureza. De feito ambas variedades son amplamente utilizadas como pé de inxerto de outras rosaceas debido á súa resistencia. Ambas son PYRUS o que en latino fai referencia a que son espiñentas. Na súa forma silvestre estas árbores desenrrolan nas polas novas e baixas espiñas que lle serven de defensa, especialmente a variedade PYRASTER.
 

 
Pyrus Pyraster, a súa froita chámase PERO!
 

A variedade CORDATA está sendo amplamente utilizada en substitución do marmelo como pé de inxerto e colocase moito en xardíns e paseos polo seu crecemento rápido cun tronco ben recto. En Bouzas, o Bouzas de Vigo, na rúa Camilo Veiga, podedes ver unha cantidade delas nas dúas beirarúas.
 

Un día de sol en Bouzas
 
Non existen grandes diferenzas entre as dúas variedades, moitos autores as confunden, únicamente cabe sinalar que os peros da variedade Cordata son máis pequenos e alongados, e dun marrón verdañento.
 

 

unha chirimia de pereira.
Falando da madeira de pereira diferencianse pouco o cerme do sámago pero o primeiro sí representa unha maior coexión e dureza. Podemos dicir que non é especialmente dura nin densa (700Kg/m3), pero ten dúas caracteristicas que a fan especialemente interesante. A primeira é que posúe un gran fino e unha febra moi estable o que a fai especialmente amada polos tallistas e escultores, ten moi bo acabado e permite o detalle máis fino. A segunda, moi moi interesante, e que é altamente impregnable. Esto é, podense mellorar as súas cualidades engadindolle os aceites dos que carece.
Case que todos os instrumentos de vento feitos de madeira de pereira están impregnados  de aceite de liñaza ou máis modernamente, ainda que non por elo mellor, de parafina. Esto pecha os poros entre as fibras e engade dureza e peso á madeira. Hai un tempo colguei dous enlaces onde se pode ver como se fai esto a nivel industrial coas frautas de bico feitas en Alemaña. 
Pensando na viabilidade de instrumentos de vento baratos para a iniciación de novos músicos esta poderia ser unha posibilidade autoctona de facil explotación...
 
Xa para rematar unha curiosidade: Moitas das Virxes medievais están talladas en madeira de pereira. Case todas as famosas Virxes negras están feitas desta esencia.
Outro día buscamos como se chaman en outras linguas que o ordenata esta gripado e salta a o espazo infindo...un saúdo!
 
 
 

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Arranca 2014 diseñando

Cmezamos este ano 2014 cos alumnos de Gaita I diseñando o que vai ser o seu propio instrumento. Como se pode ver nas fotos dous xeitos de facer, lápis e papel ou novas tecnoloxias. Dúas opcións válidas buscando un obxectivo común.