Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

venres, 24 de xaneiro de 2014

Esencias de torno 4. Pereiras Bravas. (pyrus cordata/ pyrus pyraster)

Ola a todos, eiquí estamos un ano máis ou un ano menenos dandolle voltas á construcción de instrumentos de vento...
...Pao de pereira, de vello cortado, nin racha, nin fende ni será virado... eso nos conta un vello adagio popular. Hoxe vouvos  falar dunha madeira que está entre as que antigamente eran utilizadas para facer gaitas na Galiza e actualmente está en total desuso.
Cando investigamos mínimamente na biblíogafia que existe sobor a construcción de gaitas en outros tempos hai constantes referencias á utilización de madeira de pereira para construir instrumentos. Pola contra, e moi difícil atopar documentación gráfica que testifique ese uso. A única imaxe que posúo dunha gaita supostamente feita de madeira de pereira é a que mostro, enviada no seu momento por un bo amigo, e da que non podo ( por falta de información) asegurar o cento por cento que realmente sexa desa esencia.

 igualmente a poño eha!
Pola contre é doado testemuñar o uso de pereira na fabricación de outros instrumentos de vento, especialmente nas frautas de bico, as chirimias e as cornamusas (non confundir coa familia das gaitas , estas son sen fol)


 


                                                                                    unha cornamusa de pereira
As pereiras son árbores que medran até aproximadamente os 20m de altura nos especimes de maior idade. Coñecense individuos con uns 400 anos de idade. Teñen ass follas ovadas, máis ou menos redondeadas, coa face verde escura. As frores varian do branco ó rosa. Como é lóxico sendo unha especie de cultivo hai variedede de variedades de árbores que dan peras. Nós particularmente imonos interesar por dúas  que teñen unha caracteristica común; medran de forma silvestre o que supón que non son inxertadas e a súa madeira é de maior dureza. De feito ambas variedades son amplamente utilizadas como pé de inxerto de outras rosaceas debido á súa resistencia. Ambas son PYRUS o que en latino fai referencia a que son espiñentas. Na súa forma silvestre estas árbores desenrrolan nas polas novas e baixas espiñas que lle serven de defensa, especialmente a variedade PYRASTER.
 

 
Pyrus Pyraster, a súa froita chámase PERO!
 

A variedade CORDATA está sendo amplamente utilizada en substitución do marmelo como pé de inxerto e colocase moito en xardíns e paseos polo seu crecemento rápido cun tronco ben recto. En Bouzas, o Bouzas de Vigo, na rúa Camilo Veiga, podedes ver unha cantidade delas nas dúas beirarúas.
 

Un día de sol en Bouzas
 
Non existen grandes diferenzas entre as dúas variedades, moitos autores as confunden, únicamente cabe sinalar que os peros da variedade Cordata son máis pequenos e alongados, e dun marrón verdañento.
 

 

unha chirimia de pereira.
Falando da madeira de pereira diferencianse pouco o cerme do sámago pero o primeiro sí representa unha maior coexión e dureza. Podemos dicir que non é especialmente dura nin densa (700Kg/m3), pero ten dúas caracteristicas que a fan especialemente interesante. A primeira é que posúe un gran fino e unha febra moi estable o que a fai especialmente amada polos tallistas e escultores, ten moi bo acabado e permite o detalle máis fino. A segunda, moi moi interesante, e que é altamente impregnable. Esto é, podense mellorar as súas cualidades engadindolle os aceites dos que carece.
Case que todos os instrumentos de vento feitos de madeira de pereira están impregnados  de aceite de liñaza ou máis modernamente, ainda que non por elo mellor, de parafina. Esto pecha os poros entre as fibras e engade dureza e peso á madeira. Hai un tempo colguei dous enlaces onde se pode ver como se fai esto a nivel industrial coas frautas de bico feitas en Alemaña. 
Pensando na viabilidade de instrumentos de vento baratos para a iniciación de novos músicos esta poderia ser unha posibilidade autoctona de facil explotación...
 
Xa para rematar unha curiosidade: Moitas das Virxes medievais están talladas en madeira de pereira. Case todas as famosas Virxes negras están feitas desta esencia.
Outro día buscamos como se chaman en outras linguas que o ordenata esta gripado e salta a o espazo infindo...un saúdo!