... moitos nomes para unha mesma cousa. Mirade estas mostras antigas, o diámetro dos pavillóns (copas, tornavoces...) ...A estética ten cambiado moito.
Aula de construcción artesanal de instrumentos tradicionais galegos de vento na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.
venres, 21 de xuño de 2013
mércores, 19 de xuño de 2013
Seguindo co tema...
Acabo de atopares esta foto no meu arquivo...Esta gaita, gardada no Museo da Cornamusa de Ourense (...) foi empregada polos PALLA MALLADA e OS CAMPANEIROS e está feita por un tal Xan de Marica de Cambados a primeiros do século XX...a foto é de moi baixa calidade pero que sirva de curiosidade para ver a súa feitura.
martes, 18 de xuño de 2013
Manual para principiantes para aprendizaxe da gaita
Aqui vos deixo un enlace que me parece interesante para todos aqueles que esteades aprendendo ou queirades iniciarvos no aprendizae da gaita.
O Gaiteiro Técnico, manual

O Gaiteiro Técnico, manual
sábado, 15 de xuño de 2013
Xa que temos permiso do Xefe, e a colación dunha pregunta do Benito Quirós sobre O Poceiro (fabricante de gaitas da cidade de Pontevedra) deixo o enalace a un video dos seus máis ilustres clientes Os Campaneiros... Non non o víchedes merece moito a pena:
http://vimeo.com/10459976
Fixádevos nos roncos, a decoración profusa con incisións.
http://vimeo.com/10459976
Fixádevos nos roncos, a decoración profusa con incisións.
venres, 14 de xuño de 2013
Aberto o prazo de preinscripción para o curso 2013-2014
Ábrese o Prazo de Preinscrición para ou Curso 2013-2014 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
![]() |
| Caderno de Debuxo de Isabel Prieto Varela, alumna da Emao |
na
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO
Todas as persoas que desexen iniciar os estudos en calquera das especialidades ofertadas deberán realizar a súa preinscrición, conforme ao modelo oficial de solicitude que será subministrado na Administración da EMAO e que tamén se poderá descargar e/ou cubrir e imprimir dende a páxina web www.vigo.org, apartado Educación-Escola Municipal de Artes e Oficios (en adiante, web-EMAO). As persoas interesadas tamén poderán preinscribirse on-line dende a páxina correspondente da web-EMAO.
martes, 11 de xuño de 2013
E imos rematando
A piques de finalizar o curso 2012/13, os alumnos van rematando os seus traballos. Uns mais adiantados e outros menos, pero todos dentro dos obxectivos previstos para este curso.
Aqui vos deixo unha mostra do alumno mais avanzado, a gaita xa soa, e soa moi ben, só lle falta o vestido para poñela bonita, e a sair de festa.
Aqui vos deixo unha mostra do alumno mais avanzado, a gaita xa soa, e soa moi ben, só lle falta o vestido para poñela bonita, e a sair de festa.
![]() |
| Alberto probando o seu novo instrumento |
mércores, 29 de maio de 2013
Preparación do proxecto para a exposición "Branco e Negro"
Deíxovos aqui unhas imaxes do primeiro proceso do proxecto da aula dos alumnos de Gaita 2, que están a preparar para a exposición "Branco e Negro", na que participarán todas as especialidades da EMAO.
Esta exposición inaugurarase a finais do mes de xuño no Espazo EMAO.
Os alumnos escolleron para esta exposición, enmarcada no concepto xenérico de branco e negro, un concepto mais específico como o de dentro e fora, ou o que se ve e o que non se ve. Para isto van presentar unha gaita partida á metade lonxitudinalmente que permitirá ver tanto o exterior como o interior (calibre) que é parte fu ndamental do funcionamento do instrumento, que, aínda que todos sabemos que está ahí, non o podemos ver, por razóns obvias.

luns, 26 de novembro de 2012
Presentación do libro "TREBOADA GALEGA"
O próximo día 30 de novembro, faremos a presentación do libro Treboada Galega, escrito por Xerardo F. Santomé, logo de moitos anos de investigacións e traballos de campo.
Trátase dun fermoso e riguroso traballo sobre as treboadas da bisbarra de Tomiño, que consta, ademáis do libro, dun dvd e planos dunha gaita de treboada.
Na presentación haberá tamén unha pequena mostra en vivo dunha treboada e veremos a gaita de barquín.
Non volo perdades, o venres 30 de novembro ás 20:00 horas no auditorio da escola, no edificio anexo no primeiro andar.

mércores, 31 de outubro de 2012
Artigo sobre a escola de Luthería de Tucumán
Deixovos esta ligazón a un interesante artigo-entrevista sobbre a escola de Luthería de Tucumán dependente dunha universidade.
http://www.primerafuente.com.ar/noticia/745616-escuela-de-lutheria-una-gema-a-preservar
http://www.primerafuente.com.ar/noticia/745616-escuela-de-lutheria-una-gema-a-preservar
venres, 19 de outubro de 2012
INSTRUMENTOS MUSICAIS POPULARES GALEGOS
Unha vez solventados os problemas coa wifi, e para inaugurar o blog, imos lembrar un traballo que fixemos neste obradoiro hai anos, en colaboración con outros músicos, entre os que se atopaban Anxo Pintos e Carlos Nuñez.
Este traballo composto de 3 Lp´s (agora 2 Cd´s), un libro e varias diapósitivas (co formato CD perdéronse as diapósitivas), sigue estando vixente no que á divulgación dos instrumentos tradicioanis se refire.
Editado polo selo SONIFOLK de Madrid, aínda o podedes conseguir si vos interesa.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)