Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

martes, 2 de xullo de 2013

Entrega de Diplomas na EMAO

Entrega de Diplomas de Fin de Estudos, Curso 2012-2013

Este xoves, 4 de xullo ás 18:00 horas, na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, tera lugar o acto de entrega de diplomas de fin de estudos,  comezará cunha actuación musical a cargo do grupo de clarinetes da Escola Municipal de Música de Vigo, para a continuación, realizar a entrega persoal a cada unha das persoas que remataron os seus estudos no curso 2012-2013.

sábado, 29 de xuño de 2013

O gaiteiro de Goya... unha curiosidade.

Corixo ao corrector do Ipad e publico todo en galego (menos os nomes recoñecidos).

 Procesión de aldea é un lenzo de Goya, realizado para a quinta El Capricho dos Duques de Osuna en 1787. Forma parte da serie coñecida como cuadros para la alameda de los duques de Osuna. Goya tiña estreito contacto cos duques dende 1785. Como toda a serie, está impregnada de temáticas populares para o salón do duque.





 Goya presenta unha das habituais procesións patronais na España dieciochesca. A igrexa e todo o fondo ten una tratamento desenfocado. Da porta do templo sae a procesión, encabeza polo crego, o alcalde e os rexidores, que portan un estandarte. Acompaña un gaiteiro...

martes, 25 de xuño de 2013

Amadeo Goyanes

 Moitos fixeron gaitas pero poucos alcanzaron certo renome fora da súa localidade. Este é o caso de Amadeo Goyanes de Monforte de Lemos quen aprendera en parte do mesmísimo Faustino Santalices.
Moitas das súas gaitas vendéronse en Ourense nos anos 50, 60 e 70 do pasado século.
 Esta é propiedade do meu sogro e , como moitas, fixo a viaxe de ida e volta a Venezuela... daquela o buxo non se torcía??? Consérvase de marabilla, será porque nunca foi tocada (ai!).

PUNTEIRO

PUNTEIRO E SOPRETE

RONCO

BUXAS E CANAS

venres, 21 de xuño de 2013

Ronquillos, chillóns, chións, piteiros...

... moitos nomes para unha mesma cousa. Mirade estas mostras antigas, o diámetro dos pavillóns (copas, tornavoces...) ...A estética ten cambiado moito.


mércores, 19 de xuño de 2013

Seguindo co tema...

Acabo de atopares esta foto no meu arquivo...Esta gaita, gardada no Museo da Cornamusa de Ourense (...) foi empregada polos PALLA MALLADA e OS CAMPANEIROS e está feita por un tal Xan de Marica de Cambados a primeiros do século XX...a foto é de moi baixa calidade pero que sirva de curiosidade para ver a súa feitura.

martes, 18 de xuño de 2013

Manual para principiantes para aprendizaxe da gaita

Aqui vos deixo un enlace que me parece interesante para todos aqueles que esteades aprendendo ou queirades iniciarvos no aprendizae da gaita.

O Gaiteiro Técnico, manual


Un novo volume facilita a aprendizaxe da gaita


sábado, 15 de xuño de 2013

Xa que temos permiso do Xefe, e a colación dunha pregunta do Benito Quirós sobre O Poceiro (fabricante de gaitas da cidade de Pontevedra) deixo o enalace a un video dos seus máis ilustres clientes Os Campaneiros... Non non o víchedes merece moito a pena:

http://vimeo.com/10459976

Fixádevos nos roncos, a decoración profusa con incisións.

venres, 14 de xuño de 2013

Aberto o prazo de preinscripción para o curso 2013-2014

Ábrese o Prazo de Preinscrición para ou Curso 2013-2014 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Caderno de Debuxo de Isabel Prieto Varela, alumna da Emao
 na 
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO 

Todas as persoas que desexen iniciar os estudos en calquera das especialidades ofertadas deberán realizar a súa preinscrición, conforme ao modelo oficial de solicitude que será subministrado na Administración da EMAO e que tamén se poderá descargar e/ou cubrir e imprimir dende a páxina web www.vigo.org, apartado Educación-Escola Municipal de Artes e Oficios (en adiante, web-EMAO). As persoas interesadas tamén poderán preinscribirse on-line dende a páxina correspondente da web-EMAO.

martes, 11 de xuño de 2013

E imos rematando

A piques de finalizar o curso 2012/13, os alumnos van rematando os seus traballos. Uns mais adiantados e outros menos, pero todos dentro dos obxectivos previstos para este curso.
Aqui vos deixo unha mostra do alumno mais avanzado, a gaita xa soa, e soa moi ben, só lle falta o vestido para poñela bonita, e a sair de festa.



Alberto probando o seu novo instrumento

mércores, 29 de maio de 2013

Preparación do proxecto para a exposición "Branco e Negro"

Deíxovos aqui unhas imaxes do primeiro proceso do proxecto da aula dos alumnos de Gaita 2, que están a preparar para a exposición "Branco e Negro", na que participarán todas as especialidades da EMAO.
Esta exposición inaugurarase a finais do mes de xuño no Espazo EMAO.

Os alumnos escolleron para esta exposición, enmarcada no concepto xenérico de branco e negro, un concepto mais específico como o de dentro e fora, ou o que se ve e o que non se ve. Para isto van presentar unha gaita partida á metade lonxitudinalmente que permitirá ver tanto o exterior como o interior (calibre) que é parte fu ndamental do funcionamento do instrumento, que, aínda que todos sabemos que está ahí, non o podemos ver, por razóns obvias.