O próximo día 30 de novembro, faremos a presentación do libro Treboada Galega, escrito por Xerardo F. Santomé, logo de moitos anos de investigacións e traballos de campo.
Trátase dun fermoso e riguroso traballo sobre as treboadas da bisbarra de Tomiño, que consta, ademáis do libro, dun dvd e planos dunha gaita de treboada.
Na presentación haberá tamén unha pequena mostra en vivo dunha treboada e veremos a gaita de barquín.
Non volo perdades, o venres 30 de novembro ás 20:00 horas no auditorio da escola, no edificio anexo no primeiro andar.