Por fin, o pasado venres 23 de outubro tivemos na hemeroteca da escola a presentación do método para pito galego de Moisés Quintas.
Contamos coa presenza de J. Aldea, da editorial Ouvirmos, responsable da súa publicación; Antón Corral, un dos baluartes da recuperación deste fermoso instrumento, que fixo un pequeno e interesante repaso polo traballo de recuperación a partir de Basilio Carril; e finalmente unha pormenorizada explicación do propio libro por parte do seu autor Moisés Quintas.
O final do acto Moisés, acompañado de Viqui, interpretaron catro pezas con diferentes pitos e percusión que fixeron as delicias do publico.
Por suposto agradecer ós tres a súa presenza na nosa escola, coma sempre o meu agradecemento a Mª Jesús, a nosa bibliotecaria que que fai o imposible por que todo saia ben, a Marian, mestra de encaixe de palillos e diseñadora, que nos diseñou e fixo o cartel en tempo record e a Pepe Pereira, mestre de artesanía do coiro, porque sempre está, faga falta ou non.
Agora é o voso turno, mercar o libro e visitar a web, de seguro que estaredes encantados.