Oh rama que verde rama...
Prontos a celebrar a festa da reconquista de Vigo, cidade olívica, paréceme o máis propio facer unha entrada que fale un chisco do uso desta esencia para facer instrumentos de vento.
Hai unhas 35 especies do xénero Olea, a nós interesanos a común Olea Europaea tanto a Sativa (cultivada) como, e especialmente, a Sylvestris (a que chamamos en castelán ACHEBUCHE que no é de cultivo e é esteril respecto da Sativa). A variedade silvestre que agora estase utilizando masivamente en xardinería e reforestación ten unha madeira máis dura e compacta pero con posibilidades de diámetro menor.
As follas da variedade silvestre poden ser moi pequeniñas e parecidas ás do buxo, presenta en moitas ocasións espiñas nas polas e as oliviñas que dan son diminutas.
A oliveira cultivouse en Galiza amplamente dende os tempos dos romanos, como demostra o descubrimento de ruínas de almazaras da época ,como a de Teis, en Vigo. Tratabase dun cultivo común , canto menos nas provincias de Lugo, Ourense e sur da de Pontevedra até os tempos dos Reis Católicos, que mandaron cortar as oliveiras galegas para garantir a Andalucía o monopolio da produción de aceite. Aquela orde exceptuaba unha árbore por parroquia, coa fin de permitir obter o aceite necesario para o gasto da igrexa por iso nos adros de moita igrexas atopamos unha oliveira centenatia. Polo clima suave da comarca de Vigo na antigüidade plantáronse gran cantidade de olivos polo que a nomearon olívica. Cando Isabel a Católica fixose co trono de Castela impulsada pola burguesía castelá, a maioría dos nobres galegos defenderon a herdeira lexítima da coroa, Juana, e tamén porque Isabel era a cabeza dunha clase social que plantexaba acabar co sistema político de autonomía e base social que representaban os feudos. Na guerra os partidarios de Isabel para someter as comarcas queimaron todo o que poideron. En Vigo so quedaron uns poucos olivos que se converteron nun símbolo da cidade. Por iso, a Vigo, aínda lle seguen a chamar a cidade olívica.
Volvendo á madeira hai que advertir que presenta problemas de secado con tendencia a fenderse lonxitudinalmente. Contra esto hai varios métodos tradicionais para asentala, dende enterrar os toros cortados en terras arxilosas ou areas con calizas e regalas de cando en cando até metelos en caixóns de aserrín que se mudará cada certo tempo. Esto faise tamén con outras madeiras, é cuestión de experimentar.
Ten unha resistencia particular á humidade e crase e límpase co aceite que a propia oliva produce por eso utilízase moito na cociña para facer todo tipo de utensilios.
Frauta alto de oliveira.
O pau de oliveira úsase ampliamente para a fabricación de instrumentos de vento, especialmente frautas de bico porque ten un fermoso acabado e son aínda que precisa de certos coidados porque pode abrir polas vetas. O seu uso en otros instrumentos e menor pero teño referenciado dende pínfanos a clarinetes desta esencia.
Houbo é hai gaitas de oliveira pero de forma minoritaria... que peniña!
Este punteiro é do fabricante Sonoda, un xapones que fai gaitas galegas en Alemaña....o mundo xira e xira!
...O rama da Oliveira!
Despidome pensando en que van a expulsar ó frances, Cachamuiña co machado na man!
...Citroen, Carrefour, Auchan, Decathlon?
JAJAJA moita festa!