Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

venres, 2 de outubro de 2015

Charlas Didácticas

Deixovos esta información que me acaba de mandar Pablo Carpintero, un maestro na reconstrucción de gaitas antigas, que vai abrir as portas do seu Museo-Obradoiro para dar unhas charlas certamente interesantes.



CHARLAS NO MUSEO-OBRADOIRO DE PABLO CARPINTERO

Preséntovos un ciclo de dez charlas didácticas, moitas delas son charlas-concerto, outras obradoiros didácticos, pero todas versan sobre música en xeral e música galega en particular. O obxectivo é divulgar o que fomos aprendendo nestes últimos anos sobre diversos aspectos da música e dos instrumentos musicais, para elo, ademais das explicacións faladas, poderedes escoitar os instrumentos musicais en directo, acompañados de explicacións e imaxes e, nalgúns casos, aprender a tocalos e construílos.

As charlas celebraranse na meu obradoiro-museo, en Meixonfrío (Santiago de Compostela) e serán sempre os domingos pola mañá, dende as 11:00 ás 12:30 aproximadamente.

As prazas están limitadas a un máximo de 25 persoas. Asistir ten un custo de 12 euros por persoa. Podes reservar xa a túa praza para a charla ou charlas que queiras. Para apuntarte escrebe ao meu correo: pablo.carpin@gmail.com indicando o teu nome e a charla ou charlas ás que queres asistir, ou chámame directamente a este teléfono: 626588381.

O programa é o seguinte:

1. As gaitas de fol no noroeste da península Ibérica. Dezaseis gaitas de fol diferentes, réplicas ou antigas, que percorren a variedade de gaitas que existe desde Sesimbra ata Asturias, co seu repertorio, percusión e técnicas particulares, explicadas nunha charla dunha hora e media de duración.

Data: 18 de outubro

2. Sobre as orixes da música. Nos últimos vinte anos a neuroloxía, etnomusicoloxía e a historia teñen avanzado moito no que respecta ao coñecemento do que é en realidade a música entendida como a suma de canto, baile e música instrumental. Explicaremos as últimas teorías sobre a orixe da música, así como a súa relación evolutiva coa linguaxe falada. Tamén repasaremos os instrumentos musicais máis antigos achados ata a data, os seus representantes actuais galegos e as implicacións que teñen.

Data: 15 de novembro

3. As cadeas evolutivas de instrumentos musicais en Galiza. Entre os máis de 150 instrumentos musicais achados en Galiza atopamos cadeas evolutivas que nos conectan directamente con tempos moi antigos, principalmente a través dos instrumentos que fabricaban os nenos e as nenas. Que significa isto? Que implicacións históricas ten?

Data: 13 de nadal.

4. Os instrumentos musicais femininos, orixe e evolución en Galicia. As mulleres galegas son depositarias dun coñecemento ancestral, o xeito de cantar e os instrumentos empregados son en moitos casos reliquias de tempos moi antigos, por que?

Data: 10 de xaneiro

5. As trompas. Instrumentos chamánicos reliquias de tempos pretéritos. Houbo chamáns en Galicia? Como son as nosas trompas? Con que trompas teñen que ver as Galegas? Como se toca unha trompa galega?

Data: 31 de xaneiro

6. Instrumentos musicas de palla. Un obradoiro didáctico. De onde veñen? Que significado histórico teñen? Como se constrúen?

Data: 21 de febreiro

7. As palletas. Este elemento é a alma de óboes e clarinetes, pero, que tipos de palletas existen en Europa? En que aspectos as palletas do noroeste peninsular son orixinais? Por que se chaman palletas? Como se constrúían as palletas antigas? Que aporta este coñecemento ao coñecemento da orixe das gaitas de fol?

Data: 6 de marzal

8. A orixe das gaitas de fol. Unha nova hipótese desenvolvida en base aos diferentes tipos de lingüetas que se achan en África e Europa, e que explica os achados iconográficos, históricos e organolóxicos, con audicións de moi diferentes tipos de gaitas de fol.

Data: 3 de abril

9. As gaitas de fol e os instrumentos aerofonos medievais. Unha nova hipótese baseada en experimentos con réplicas de gaitas á partir da iconografía que nos axudará a entender a xénese das nosas gaitas de fol e doutros instrumentos musicais, así como a súa importancia en Europa.

Data: 1 de maio

10. As gaitas de Pontevedra a finais do século XIX. No Museo de Pontevedra agardaba unha cápsula do tempo: gaitas, palletas, ferramentas, gravacións, partituras... ven a descubrir que teñen que ver as gaitas de Villanueva, a súa particular técnica e repertorio, coas gaitas medievais e coa orixe da muiñeira

martes, 22 de setembro de 2015

PITO GALEGO, O método agora tamén en papel

Acabamos de enviar á imprenta o primeiro método de pito galego, o autor Moisés Quintas. Un libro que contribuirá a mostrar as posibilidades musicais deste instrumento e facilitará a súa aprendizaxe. Emprega unha metodoloxía progresiva e baseada no noso repertorio tradicional. Resitúa así o pito no lugar que lle corresponde dentro da música galega ao tempo que recolle a tradición construtora dos mestres artesáns Basilio Carril, Paulino Pérez e Antón Corral.
Próximamente teremos na nosa escola ó seu autor, Moisés Quintas, para presentarnolo.

mércores, 27 de maio de 2015

Catalogación de zanfonas antigas de Galicia

Hoxe tivemos o inmeso pracer de recibir a Luciano Pérez, responsable do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, que está a facer un fermoso traballo de catalogación das zanfonas antigas de Galicia.
Na Emao temos dous exemplares destas zanfonas, polo que Luciano, co seu equipo técnico e humán, pasou a mañán fotografiando exteriormente as zanfonas para, logo dun proceso informatico, facer fotografías en 360º e interactivas. Tammén, axudandose dunha microcámara, fotografiaron o interior das dúas zanfonas. Un bonito e interesante traballo a prol da conservación do legado cultural de Galicia.
Gracias Luciano.






martes, 26 de maio de 2015

Seguimos rematando traballos

Aqui temos a Alfredo coa súa gaita rematada (agás o punteiro, que e de outra gaita).
Fermosa en buxo con doble anelado en granadillo e anelas e espigos en latón




martes, 19 de maio de 2015

O Pito Pastoríl. Método on line

Teño o pracer de informarvos do nacemento dunha nova ferramenta para o aprendizaxe do pito pastoríl.
Trátase dun método online co que poderedes aprender a tocar e dominar este instrumento de xeito progresivo, amais de ter moreas de información, historia, ligazons, e incluso un obradoiro para que podades construirvos un pito pastoríl de cana.
En resume un traballo interesantisimo, riguroso e moi útil para todos os que esteades interesados neste fermoso instrumento.
Realizado por Moisés Quintas, e con prólogo de Antón Corral, foi presentado dixitalmente o 17 de maio, día das Letras Galegas.
Imos tentar facer unha presentación na nosa escola coa presenza do autor.
Que vos aproveite.

www.pitopastoril.gal


xoves, 7 de maio de 2015

Imos rematando

Aqui vos deixo un par de fotos da primeira gaita rematada (e tocando) neste curso. Adrian Lareo é o felíz artifice deste traballo, gaiteiro consumado e futuro artesán, en Teo (Santiago).

Gaita feita en madeira de cocobolo, con anelas en metacrilato imitación marfil. O torneado está feito tentando reproducir o da gaita de D Perfecto Feijó, que se atopa no museo de Pontevedra. Como podedes ver nas fotos ten chillón e non ten ronquilla, como a orixinal. O fol e de cabrito, aproveitando a cabeza e dúas patas para atar as buxas, e o chillón sae directamente do vestido cara adiante e non no lateral como é habitual na actualidade.

E o vestido e farrapos están feitos por Patri, costureira de cabeceira de mooooitos de nos.

Un BO TRABALLO  ADRIAN



martes, 21 de abril de 2015

domingo, 8 de marzo de 2015

Outros mundos

A familia dos oboes e extensisima... A forma de facelos tamen. Atención a como preparan a cana (palleta) deste shehnai.

domingo, 25 de xaneiro de 2015

Reflexo do que acontece con todos os instrumentos tradicionais

Este é un documental  moi interesante sobre a dolçaina valenciana no que podemos atopar a imaxe do que aconteceu e acontece neste momento coa gaita en Galiza. Deixo o enlace.

http://youtu.be/pejlhrPeF8U

Un saúdo.
... Mirade que xeito de furar e de pasar o escariador, nós facemos todo o contrario,jejeje.