Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

martes, 19 de maio de 2015

O Pito Pastoríl. Método on line

Teño o pracer de informarvos do nacemento dunha nova ferramenta para o aprendizaxe do pito pastoríl.
Trátase dun método online co que poderedes aprender a tocar e dominar este instrumento de xeito progresivo, amais de ter moreas de información, historia, ligazons, e incluso un obradoiro para que podades construirvos un pito pastoríl de cana.
En resume un traballo interesantisimo, riguroso e moi útil para todos os que esteades interesados neste fermoso instrumento.
Realizado por Moisés Quintas, e con prólogo de Antón Corral, foi presentado dixitalmente o 17 de maio, día das Letras Galegas.
Imos tentar facer unha presentación na nosa escola coa presenza do autor.
Que vos aproveite.

www.pitopastoril.gal


xoves, 7 de maio de 2015

Imos rematando

Aqui vos deixo un par de fotos da primeira gaita rematada (e tocando) neste curso. Adrian Lareo é o felíz artifice deste traballo, gaiteiro consumado e futuro artesán, en Teo (Santiago).

Gaita feita en madeira de cocobolo, con anelas en metacrilato imitación marfil. O torneado está feito tentando reproducir o da gaita de D Perfecto Feijó, que se atopa no museo de Pontevedra. Como podedes ver nas fotos ten chillón e non ten ronquilla, como a orixinal. O fol e de cabrito, aproveitando a cabeza e dúas patas para atar as buxas, e o chillón sae directamente do vestido cara adiante e non no lateral como é habitual na actualidade.

E o vestido e farrapos están feitos por Patri, costureira de cabeceira de mooooitos de nos.

Un BO TRABALLO  ADRIAN



martes, 21 de abril de 2015

domingo, 8 de marzo de 2015

Outros mundos

A familia dos oboes e extensisima... A forma de facelos tamen. Atención a como preparan a cana (palleta) deste shehnai.

domingo, 25 de xaneiro de 2015

Reflexo do que acontece con todos os instrumentos tradicionais

Este é un documental  moi interesante sobre a dolçaina valenciana no que podemos atopar a imaxe do que aconteceu e acontece neste momento coa gaita en Galiza. Deixo o enlace.

http://youtu.be/pejlhrPeF8U

Un saúdo.
... Mirade que xeito de furar e de pasar o escariador, nós facemos todo o contrario,jejeje.

martes, 25 de novembro de 2014

TOCAR PECHADO NA GAITA (1984)

TOCAR PECHADO NA GAITA (1984)

Logo dunha temporada un pouco inactivo deixovos este documentas sobre o toque pecahdo na gaita, realizado por PAblo Quintana ala olos anos oitenta. Nel podedes ver a personaxes senlleiros da máusica de gaita xa falecidos que explican cadansúa forma de tocar pechado.





















xoves, 25 de setembro de 2014

Estudo sobre a orixe da palabra: GAITA

Aqui vos deixo o enlace onde podedes ler o estudo feiro recentemente sobre a orixe do termo GAITA. Ata o de agora a hipótese máis aceptada era a raíz gótica GAITS, segundo este estudo a orixe podería estar no gaélico. animádevos a leelo.

Estudo orixe da palabra gaita

venres, 27 de xuño de 2014

Promoción 2014

Ahi van, estes cinco alumnos rematan os seus estudos en CAIM Gaita, algún deles xa ten un inicio de obradoiro particular, polo que desexámoslles moito traballo e sorte de cara ó futuro.



Imos rematando traballos

Deixovos unhas imaxes do traballo rematado de Alberto Muiños, unha preciosidade de gaita cun doble anelado moi sutil. O vestido e farrapos son obra da súa nai, os farrapos son feitos a man de liño.