Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

venres, 25 de outubro de 2013

Do que se pode facer coa gaita


  1. Recoñezo que a min persoalmente non me gusta demasiado, son mais tirando ó tradicional, pero coido que é interesante dar a coñecer o que se está a facer actualmente no mundo da gaita, e as incribles posi bilidades que coma instrumento musical posúe.

3 comentarios:

  1. Interesante si que é, o jazz e unha música liberadora... Pero hai dúas cousas que no acabo de entender:
    Por que toca a gaita inutilizando o ronco?... Entón para qué toca a gaita e non o punteiro?
    E dous, non vos da a impresión de que nos sobreagudos, e sobretodo en comparación coa estabilidade do vibráfono, vaiselle un pouco moito a afinación? Non atopo un empaste agradable.

    ResponderEliminar
  2. Eso non resta mérito a experimentación. Ten moito valor o que estes rapaces fan. Pode ser unha cuestión de apreciación musical e gusto persoal.

    ResponderEliminar
  3. Ben Xacobe,certamente eu tampouco atopo o empaste agradable, pero como ti dis o mérito e indiscutibel.
    En canto ó ronco, para poder ir a esas notas tan agudas a palleta ten que estar moi blandiña polo que a estabilidade do ronco vese moi comprometida. Por outro lado tamén pode ser por un tema de disonancias.

    ResponderEliminar