Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

luns, 10 de febreiro de 2014

Un pequeno fracaso.

Como os meus compañeiros das mañás ben saben, basicamente porque o sufriron, quixen facer as anelas da gaita en óso. Pareceume o substituto perfecto do marfín natural e contrastaba perfectamente co granadillo, así que púxenme a buscar o xeito. Estes son os resultados.

O primeiro foi buscar ósos do maior diámetro posible, buscaba boi pero nas carnicerías de Vigo só teñen tenreira. 
 
O seguinte foi  limpar o material.
 

para empezar facemos algo tan simple como preparar un caldiño; auga, sal e os ósos... Eu despois fago sopas...así ando esta tempada co colesterol!

Utilizar unha pota rápida e un bo medio porque a presión fai que se dilúa o colaxeno con maior eficacia.
 
Esto é o que nos queda:
 

Da un puco de traballo retirar o miolo, eu utilizo unha agulla de calceta que me chega ó final do óso. Hai que sacalo ó máximo posible. A min particularmente encantame untar un pouco en pan, se é centeo mellor, e comelo... o meu colesterol saese das gráficas! Á miña muller dalle un noxo total (ela esta sana).
 
 Para continuar enchemos un bote grande de peróxido de hidróxeno (auga osixenada) e deixamos os ósos entre cinco días e unha semán. Esto desfai as graxas que quedan aboiando na superficie.
Hai quen o fai con lixivias pero estas desfan o óso e dan moi mal cheiro (si, peor ainda do que xa ten!).
O que queda é esto:
 

 Xa están branquiños!
 
Agora hervímolos novamente, deixamos que enfrien e raspámolos cun coitelo para retirarlle todos os restos.
 

Listos para traballar.
 
Hai que deixalos secar ben!
O proceso de torneado non o poño, máis que nada porque tras probar diferentes sistemas podo dicir que ningún resultou totalmente. O óso, salta, parte... e cheira mal (mal como a dentista perforando os dentes mixturado con animal morto -os meus compañeiros estaban encantados!-)





Despois de moito enlear, e darlle voltas (nunca mellor dito traballando cun torno) esto foi o que quedou... non me deu nin para unha anela...
 

 ...pero bonitiñas si que son!
UN SAÚDO!

4 comentarios:

  1. Pois é fantático, non sei se terá utilidade para o voso pero son moi fermosos

    ResponderEliminar
  2. Xacobe non foi un fracaso, senon un pasiño máis cara ó éxito.

    ResponderEliminar
  3. Totalmente dacordo con Carlos. A pesares do "cheirume", foi un bo intento. De seguro conseguirá-lo obxectivo en futuros proxectos.

    ResponderEliminar