Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

sábado, 29 de xuño de 2013

O gaiteiro de Goya... unha curiosidade.

Corixo ao corrector do Ipad e publico todo en galego (menos os nomes recoñecidos).

 Procesión de aldea é un lenzo de Goya, realizado para a quinta El Capricho dos Duques de Osuna en 1787. Forma parte da serie coñecida como cuadros para la alameda de los duques de Osuna. Goya tiña estreito contacto cos duques dende 1785. Como toda a serie, está impregnada de temáticas populares para o salón do duque.





 Goya presenta unha das habituais procesións patronais na España dieciochesca. A igrexa e todo o fondo ten una tratamento desenfocado. Da porta do templo sae a procesión, encabeza polo crego, o alcalde e os rexidores, que portan un estandarte. Acompaña un gaiteiro...

3 comentarios:

  1. Xa se che votaba en falta Xacobe. Boa aportacion

    ResponderEliminar
  2. Xa se che votaba en falta Xacobe. Boa aportacion

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Carlos en breve nos vemos... Teño máis cousiñas que poñer... Aos pocos.

      Eliminar