Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

martes, 25 de xuño de 2013

Amadeo Goyanes

 Moitos fixeron gaitas pero poucos alcanzaron certo renome fora da súa localidade. Este é o caso de Amadeo Goyanes de Monforte de Lemos quen aprendera en parte do mesmísimo Faustino Santalices.
Moitas das súas gaitas vendéronse en Ourense nos anos 50, 60 e 70 do pasado século.
 Esta é propiedade do meu sogro e , como moitas, fixo a viaxe de ida e volta a Venezuela... daquela o buxo non se torcía??? Consérvase de marabilla, será porque nunca foi tocada (ai!).

PUNTEIRO

PUNTEIRO E SOPRETE

RONCO

BUXAS E CANAS

2 comentarios:

  1. Xacobe, Xacobe, o buxo é buxo, agora e daquela, o que pasa é que probablemente daquela o deixaran secar como debe ser.

    ResponderEliminar
  2. Non se a min o que me molesta é que o meu sogro con 80 anos teña un punteiro recto i eu co 37 o teña torto... Ainda que el non o use para nada (je!).

    ResponderEliminar