Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

venres, 21 de xuño de 2013

Ronquillos, chillóns, chións, piteiros...

... moitos nomes para unha mesma cousa. Mirade estas mostras antigas, o diámetro dos pavillóns (copas, tornavoces...) ...A estética ten cambiado moito.


3 comentarios:

  1. Mais que a estética mudou a sua estructura interna e uso.
    O ronquillo é un bordón de sección conica e palleta dupla (Tipo oboe), que afina ao unísono coa dominante do punteiro. Nenbargantes na actualidade están moi espallados ronquillos de sección cilíndrica e palleta sinxela (tipo clarinete) que afinan na tónica do punteiro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Só unha pequena matización, para utilizar a palleta sinxela e afinar na tónica do punteiro non é preciso que teña sección cilíndrica, pode tela cónica, queé como estamos facendo nós na actualidade, con un tapón extraible que reduce a sección de saída cando empregamos palleta simple (tónica) e quitamos cando queremos usar palleta dupla (unísono)

      Eliminar
  2. Cando falaba de estética referiame principalmente ó aspecto superficia e externo do obxecto. Pero tamén hai unha mudanza estética no feito de pasares de soar os punteiros cun pedal na dominante ó unísono máis outro na tónica dúas octavas máis abaixo, a soar acompañado con todos os pedais na tónica...
    ...en voz dun gaiteiro vello hai anos: "as gaitas co "pionciño" sonaban vellas, e as que vos me traedes sonan novas" . E é certo. Se podeemos mudar ó gusto a nota que emite o ronquillo ( tónica=pallónciño/dominante) palleta o que estamos facendo é unha elección estética.

    ResponderEliminar