- Recoñezo que a min persoalmente non me gusta demasiado, son mais tirando ó tradicional, pero coido que é interesante dar a coñecer o que se está a facer actualmente no mundo da gaita, e as incribles posi bilidades que coma instrumento musical posúe.
Aula de construcción artesanal de instrumentos tradicionais galegos de vento na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.
venres, 25 de outubro de 2013
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Interesante si que é, o jazz e unha música liberadora... Pero hai dúas cousas que no acabo de entender:
ResponderEliminarPor que toca a gaita inutilizando o ronco?... Entón para qué toca a gaita e non o punteiro?
E dous, non vos da a impresión de que nos sobreagudos, e sobretodo en comparación coa estabilidade do vibráfono, vaiselle un pouco moito a afinación? Non atopo un empaste agradable.
Eso non resta mérito a experimentación. Ten moito valor o que estes rapaces fan. Pode ser unha cuestión de apreciación musical e gusto persoal.
ResponderEliminarBen Xacobe,certamente eu tampouco atopo o empaste agradable, pero como ti dis o mérito e indiscutibel.
ResponderEliminarEn canto ó ronco, para poder ir a esas notas tan agudas a palleta ten que estar moi blandiña polo que a estabilidade do ronco vese moi comprometida. Por outro lado tamén pode ser por un tema de disonancias.