Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

mércores, 6 de novembro de 2013

Esencias de torno 2. Acivro. (ilex aquifolium)

Ola novamente, aprobeito este ratiño de café, para facer unha nova entrada, a segunda da serie.
Hoxe vou falar do acivro, acibeira, (aceveda, acevedo, acevicho, aceviño, acevreiro, acevo, acevro, aciveira, aciveiro, acivo, acivra, acivreira, acivreiro, axivo, cebro, cibro, encebiño, escornacabras, picoloureiro, rascacú, vellebrán... e máis) chamado por algúns xardón; das súas bondades para o torno e a súa relación co mundo dos instrumentos de música.
Antes de nada advertir que é unha especie protexida nos espazos naturais e que en principio está prohibida a tala. En Galiza estivo a piques de extinguirse e protexeuse nos anos oitenta do pasado século. Non quedan xa grandes poblacións, si masas illadas en localizacións de montaña.
 Un exemplar mediano.
 
 
Os acivros alcanza xeralmentealtura de entre 2 e 5 m (chegando algúns exemplares até os 15 ou 20). As follas das pólas inferiores teñen beiras espiñentas pero nas superiores podemos atopar follas de bordos lisos, agás no ápice taménespiñento. A cor é dun verde escuro pulido máis pálido no revés.
 

Unha póla baixa
 
 
A cortiza, de pouco grosor e lisa, presenta unha cor gris verdenta e , da mesma maneira que o buxo (teñen caracteristicas similares) o sámago non se diferencia especialmente do cerme.
Da unha madeira pálida, as veces branca, as veces máis amarela, de gran moi fino e , grazas os seus propios óleos, ten moi bo acabado. As caracteristicas de dureza e densidade son próximas a do buxo (varian moito as mencións segundo a guía consultada).
 

Así o venden para facer casullas de plumase bolis. 
 
 
Presenta unha caracteristica que  lle dota dun valor extra. Amite moi ben os tiguidos polo que foi utilizada ampliamente como sustituto do ébano nos diapasóns das guitarras e as teclas dos pianos.
Tamén teño unha referencia que di que en tempos (antes do Imperio Británico e as colonias) moitas Piob Mhor estaban feitas de esta madeira. Pero o seu uso máis extenso foi para facer pezas de xadrez, tanto as brancas como as negras...
 

 Parece buxo eh... pois non!
 
 
Para os políglotas...portugues: azevinho; catalán: grèvol; euskaro: gorosti; francés: houx; inglés: holly wood (a especie americana que deu nome á Meca do cinema e o ilex opaca... tamén moi interesante); alemán: stechpalme; italiano: agriofoglio...
                                                       ... seguimos falando.




 

5 comentarios:

  1. Abraiado me deixas unha vez mais co teu saber, e por suposto agradecerche estas pinceladas de coñecemento que de seguro a todos nos fai un pouco mais grandes.
    Segue asi, Xacobe, e graciñas.

    ResponderEliminar
  2. Xacobe, moi interesantes os teus post, e moi didácticos e amenos para os que somos axenos ao mundo dos instrumentos musicais. Estou aprendendo moito de vos compañeiros de patio!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Alba, comentoche, como aporte ó teu campo, que es mellores planchas de xilografía, as que permiten unha liña de talla máis fina e teñen unha maior resistencia á presión son (eran) precisamente de buxo e acivro... Así que teña tempo de preparar algo pasome por ahi e fago unha estampiña. Un saudo!

      Eliminar
  3. xacobe: gostaríame saber se coñeces exemplos destes nomes e usos das plantas en lugares concretod de Galicia, para poder citar ests web no proxecto http://fitofaladoiro.eu

    Moitas grazas

    ResponderEliminar