Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

xoves, 3 de outubro de 2013

Gaitas de iniciación

Pois  preséntovos as novas gaitas de iniciación.
A súa mais importante característica é que son moi económicas, permitindo deste xeito un acceso mais doado a todos aqueles que queren comenzar coa gaita pero non dispoñen de moitos recursos.
As diferencias cunha gaita profesional van dende uns materiais moito mais baratos, ata u nha estética moi sinxela e sin adornos, co que se consigue reducir o número de horas de traballo, redundando isto nun prezo moito mais baixo.
En canto á calidade da afinación e a mesma que unha gaita profesional.

Esta e a gaita de iniciación estandar

E esta é unha gaita de iniciación infantil mais pequena (en RE), e cun fol feito a medida mas pequeno.
Esta leva ronquilla porque asi o quixo o neno (3 anos)

martes, 24 de setembro de 2013

Novos e vellos proxectos.

Esta semán voltamos a enfrontarnos coas madeiras e os tornos retomando o traballo xa iniciado. Eu poa miña parte estou xa rabeando por voltar e eso inspírame... Levo toda a mañá facendo isto:

xoves, 19 de setembro de 2013

Unha chaqueta ben gaiteira... outra curiosidade.

Organizando este verán o meu arquivo de imaxes (moitas tomadas da propia internet... con ou sen permiso) decateime desta curiosidade que so ten relación co mundo da gaita dunha forma tanxencial.
Fixadevos ben nestas fotografías...



...esta primeira foi tirada da colección de imaxes que realizou Ruth Matilda Anderson nos anos vinte nunha viaxe por Galiza , está datada en Betanzos no ano 26 do pasado século. O feito de que sexa a cor é unha mostra do avanzado da técnica desta evanxelista norteamericana...que vermello tan intenso!...
...esta segunda retrata á parella de manequís  que representaron ós tipos galegos na Exposición internacional de Barcelona do ano 1929...o manequí parece querer darlle a man ó mesmísimo Alfonso XIII..


...por último aquí están as fotos do Cafú recoñecido gaitero da entreterra de Betanzos até Mondoñedo...
...gustaba do viño, tocaba nas procesións, e o cotrataban para dar baile a mocidade... e posuía unha chaqueta de pano vermello remontada de veludo que recoreu moito máis mundo do que el xamais pensou...
...Pois eu xuraria que é a mesma chaqueta.

luns, 2 de setembro de 2013

PREINSCRIPCIÓN 2013/14

LEMBRADE que este venres día 6 remata o prazo de preinscripción na EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo) para todas as especialidades, o que inclúe a Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM).
As clases comezarán o 23 de Setembro.
Aproveito tamén para lembrar que sigue aberta a Expo Branco e Negro no Espazo EMAO ata o próximo 3 de Outubro.

xoves, 11 de xullo de 2013

Válvula Pallón de gaita

Aqui podedes ver un traballo de investigación moi interesante para conseguir que o ronco e o punteiro empecen a soar ao mesmo tempo.
Investigación feita por Afonso Castro de O Rosal, que foi o primeiro alumno deste Obradoiro que montou o seu propio, ala polo ano 1984 ou 85 e dende aquela está traballando no oficio.


luns, 8 de xullo de 2013

martes, 2 de xullo de 2013

Entrega de Diplomas na EMAO

Entrega de Diplomas de Fin de Estudos, Curso 2012-2013

Este xoves, 4 de xullo ás 18:00 horas, na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, tera lugar o acto de entrega de diplomas de fin de estudos,  comezará cunha actuación musical a cargo do grupo de clarinetes da Escola Municipal de Música de Vigo, para a continuación, realizar a entrega persoal a cada unha das persoas que remataron os seus estudos no curso 2012-2013.

sábado, 29 de xuño de 2013

O gaiteiro de Goya... unha curiosidade.

Corixo ao corrector do Ipad e publico todo en galego (menos os nomes recoñecidos).

 Procesión de aldea é un lenzo de Goya, realizado para a quinta El Capricho dos Duques de Osuna en 1787. Forma parte da serie coñecida como cuadros para la alameda de los duques de Osuna. Goya tiña estreito contacto cos duques dende 1785. Como toda a serie, está impregnada de temáticas populares para o salón do duque.





 Goya presenta unha das habituais procesións patronais na España dieciochesca. A igrexa e todo o fondo ten una tratamento desenfocado. Da porta do templo sae a procesión, encabeza polo crego, o alcalde e os rexidores, que portan un estandarte. Acompaña un gaiteiro...

martes, 25 de xuño de 2013

Amadeo Goyanes

 Moitos fixeron gaitas pero poucos alcanzaron certo renome fora da súa localidade. Este é o caso de Amadeo Goyanes de Monforte de Lemos quen aprendera en parte do mesmísimo Faustino Santalices.
Moitas das súas gaitas vendéronse en Ourense nos anos 50, 60 e 70 do pasado século.
 Esta é propiedade do meu sogro e , como moitas, fixo a viaxe de ida e volta a Venezuela... daquela o buxo non se torcía??? Consérvase de marabilla, será porque nunca foi tocada (ai!).

PUNTEIRO

PUNTEIRO E SOPRETE

RONCO

BUXAS E CANAS