Con este espazo pretendemos espaiar o traballo que, tanto mestres como alumnos levamos a cabo neste obradoiro. Esperamos que pouco a pouco vaiamos enchendo este blog entre todos. Non te cortes, mergúllate e participa.

luns, 10 de febreiro de 2014

Un pequeno fracaso.

Como os meus compañeiros das mañás ben saben, basicamente porque o sufriron, quixen facer as anelas da gaita en óso. Pareceume o substituto perfecto do marfín natural e contrastaba perfectamente co granadillo, así que púxenme a buscar o xeito. Estes son os resultados.

O primeiro foi buscar ósos do maior diámetro posible, buscaba boi pero nas carnicerías de Vigo só teñen tenreira. 
 
O seguinte foi  limpar o material.
 

para empezar facemos algo tan simple como preparar un caldiño; auga, sal e os ósos... Eu despois fago sopas...así ando esta tempada co colesterol!

Utilizar unha pota rápida e un bo medio porque a presión fai que se dilúa o colaxeno con maior eficacia.
 
Esto é o que nos queda:
 

Da un puco de traballo retirar o miolo, eu utilizo unha agulla de calceta que me chega ó final do óso. Hai que sacalo ó máximo posible. A min particularmente encantame untar un pouco en pan, se é centeo mellor, e comelo... o meu colesterol saese das gráficas! Á miña muller dalle un noxo total (ela esta sana).
 
 Para continuar enchemos un bote grande de peróxido de hidróxeno (auga osixenada) e deixamos os ósos entre cinco días e unha semán. Esto desfai as graxas que quedan aboiando na superficie.
Hai quen o fai con lixivias pero estas desfan o óso e dan moi mal cheiro (si, peor ainda do que xa ten!).
O que queda é esto:
 

 Xa están branquiños!
 
Agora hervímolos novamente, deixamos que enfrien e raspámolos cun coitelo para retirarlle todos os restos.
 

Listos para traballar.
 
Hai que deixalos secar ben!
O proceso de torneado non o poño, máis que nada porque tras probar diferentes sistemas podo dicir que ningún resultou totalmente. O óso, salta, parte... e cheira mal (mal como a dentista perforando os dentes mixturado con animal morto -os meus compañeiros estaban encantados!-)





Despois de moito enlear, e darlle voltas (nunca mellor dito traballando cun torno) esto foi o que quedou... non me deu nin para unha anela...
 

 ...pero bonitiñas si que son!
UN SAÚDO!

venres, 24 de xaneiro de 2014

Esencias de torno 4. Pereiras Bravas. (pyrus cordata/ pyrus pyraster)

Ola a todos, eiquí estamos un ano máis ou un ano menenos dandolle voltas á construcción de instrumentos de vento...
...Pao de pereira, de vello cortado, nin racha, nin fende ni será virado... eso nos conta un vello adagio popular. Hoxe vouvos  falar dunha madeira que está entre as que antigamente eran utilizadas para facer gaitas na Galiza e actualmente está en total desuso.
Cando investigamos mínimamente na biblíogafia que existe sobor a construcción de gaitas en outros tempos hai constantes referencias á utilización de madeira de pereira para construir instrumentos. Pola contra, e moi difícil atopar documentación gráfica que testifique ese uso. A única imaxe que posúo dunha gaita supostamente feita de madeira de pereira é a que mostro, enviada no seu momento por un bo amigo, e da que non podo ( por falta de información) asegurar o cento por cento que realmente sexa desa esencia.

 igualmente a poño eha!
Pola contre é doado testemuñar o uso de pereira na fabricación de outros instrumentos de vento, especialmente nas frautas de bico, as chirimias e as cornamusas (non confundir coa familia das gaitas , estas son sen fol)


 


                                                                                    unha cornamusa de pereira
As pereiras son árbores que medran até aproximadamente os 20m de altura nos especimes de maior idade. Coñecense individuos con uns 400 anos de idade. Teñen ass follas ovadas, máis ou menos redondeadas, coa face verde escura. As frores varian do branco ó rosa. Como é lóxico sendo unha especie de cultivo hai variedede de variedades de árbores que dan peras. Nós particularmente imonos interesar por dúas  que teñen unha caracteristica común; medran de forma silvestre o que supón que non son inxertadas e a súa madeira é de maior dureza. De feito ambas variedades son amplamente utilizadas como pé de inxerto de outras rosaceas debido á súa resistencia. Ambas son PYRUS o que en latino fai referencia a que son espiñentas. Na súa forma silvestre estas árbores desenrrolan nas polas novas e baixas espiñas que lle serven de defensa, especialmente a variedade PYRASTER.
 

 
Pyrus Pyraster, a súa froita chámase PERO!
 

A variedade CORDATA está sendo amplamente utilizada en substitución do marmelo como pé de inxerto e colocase moito en xardíns e paseos polo seu crecemento rápido cun tronco ben recto. En Bouzas, o Bouzas de Vigo, na rúa Camilo Veiga, podedes ver unha cantidade delas nas dúas beirarúas.
 

Un día de sol en Bouzas
 
Non existen grandes diferenzas entre as dúas variedades, moitos autores as confunden, únicamente cabe sinalar que os peros da variedade Cordata son máis pequenos e alongados, e dun marrón verdañento.
 

 

unha chirimia de pereira.
Falando da madeira de pereira diferencianse pouco o cerme do sámago pero o primeiro sí representa unha maior coexión e dureza. Podemos dicir que non é especialmente dura nin densa (700Kg/m3), pero ten dúas caracteristicas que a fan especialemente interesante. A primeira é que posúe un gran fino e unha febra moi estable o que a fai especialmente amada polos tallistas e escultores, ten moi bo acabado e permite o detalle máis fino. A segunda, moi moi interesante, e que é altamente impregnable. Esto é, podense mellorar as súas cualidades engadindolle os aceites dos que carece.
Case que todos os instrumentos de vento feitos de madeira de pereira están impregnados  de aceite de liñaza ou máis modernamente, ainda que non por elo mellor, de parafina. Esto pecha os poros entre as fibras e engade dureza e peso á madeira. Hai un tempo colguei dous enlaces onde se pode ver como se fai esto a nivel industrial coas frautas de bico feitas en Alemaña. 
Pensando na viabilidade de instrumentos de vento baratos para a iniciación de novos músicos esta poderia ser unha posibilidade autoctona de facil explotación...
 
Xa para rematar unha curiosidade: Moitas das Virxes medievais están talladas en madeira de pereira. Case todas as famosas Virxes negras están feitas desta esencia.
Outro día buscamos como se chaman en outras linguas que o ordenata esta gripado e salta a o espazo infindo...un saúdo!
 
 
 

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Arranca 2014 diseñando

Cmezamos este ano 2014 cos alumnos de Gaita I diseñando o que vai ser o seu propio instrumento. Como se pode ver nas fotos dous xeitos de facer, lápis e papel ou novas tecnoloxias. Dúas opcións válidas buscando un obxectivo común.




luns, 25 de novembro de 2013

Esencias de torno3. Teixo (taxus baccata)




Árbore sacra dos pobos da cultura céltica, o Teixo é unha das madeiras máis interesantes e con máis historia das autóctonas de Galiza. De teixo eran as follas coas que os últimos resistentes do noroeste á romanización (galaicos, astures é cantabros) , aqueles do Medulio, acabaron coas súas vidas ante as lexións de Caio Furnio e Publio Carisio...

                                                                                                                                                                                    
unhas póliñas

...É que isto é o primeiro que hai que destacar, OLLO! Todas as partes do teixo son velenosas salvo o pucho vermello que recubre a semente. Contén toda a árbore un alcaloide chamado taxina que é moi tóxico para o ser humán. Durante o mecanizado pode producir irritacións na pel, nauseas é dor de cabeza. É precisa protección durante a manipulación. Teixo é tóxina teñen a mesma raiz etimolóxica.

                                                             o corte

É unha árbore de crecemento lentísimo. A madeira ten o cerme e o sámago ben diferenciados. O cerme aparece xeralmente en tonalidades marróns alaranxadas. A febra é recta e o gran medio. Se falamos de densidades está nos 690-800 kg/m3. A dureza é de 4.5. Sendo unha madeira dura ten unha extrordinaria flexibilidade. Os guerreiros saxóns facian os seus arcos longos de madeira de teixo da Península Ibérica. Era a mellor.

A madeira de teixo é profusamente utilizada para facer os punteiros e bordóns das northumbrian smallpipes, e nas sackpfeife alemás...

uha smallpipe de teixo

                                                                  sackpfeife tamén de teixo

...en Asturies é unha das madeiras tradicionais usadas na construcción de gaitas e mesmo o príncipe ten unha, a primeira dunha serie de 25, do artesán Miguel Alonso Cachafeiro de Colunga que lle regalaron non sabemos con que intención... esperemos que sopre polo soprete!
a información é do museo da gaita deXixón:

Pergamino que dice lo siguiente sobre la gaita anterior:
Serie Tumbal nºx/25 (aunque debería decir "redonda"). Gaita asturiana perteneciente a una serie única de veinticinco ejemplares numerados.
El nº1 es propiedad de S.A.R. Don Felipe de Borbón y Grecia, y el nº2 se expone en el Museo de la Gaita de Gijón.
Realizada en 1999, esta pieza posee:

· fuelle de piel de cabrito

· funda de terciopelo

· flecos de algodón

· roncón, puntero y soplete de madera de tejo

· con viroles e incrustaciones de hueso

· adornos en azabache y plata
Afinada en Do natural
el artesano: Miguel Alonso
prueba y afinación: José Angel Hevia
el comisario de la seire: Alejandro Cuervo.

Para buscar na internet...ingés:yew, francés:if, alemán: eiben, italiano:tasso, euskaro: hagin, catalán:teix...en portugés é teixo ho!

falamos.

sábado, 16 de novembro de 2013

Blockflöte... Frauta de bico.

Ola a todos, colgo dous documentos en alemán que me parecen moi interesantes ainda que non se entenda o que se di e o proceso de traballo sexa xa industrial a diferenza do noso artesanato...www.youtube.com/watch?v=INBc9_zRRqU

                   www.youtube.com/watch?v=lQR_2Gni8-k

...ahorn é pradairo, birnbaum é pereira,  buchsbaum é buxo, o resto son evidentes.
O proceso de parafinado sustitúe ó máis tradicional de aceitado con liñaza. Estas técnicas cambian as características  da madeira e resultan especialmente interesantes cando non dispoñemos de madeiras de moita dureza pero si de gran fino e compactas.

martes, 12 de novembro de 2013

Xornadas arredor da Música Tradicional

Deixovos este enlace por si alguén estivera interesado en asistir, vai ser unha fin de semán intensa arredor da música tradicional, non só en Galicia senon en todo o estado e Portugal.
Aínda deben quedar prazas e o custe é mínimo.

https://www.facebook.com/events/565913956809740/?ref_dashboard_filter=upcoming

mércores, 6 de novembro de 2013

Esencias de torno 2. Acivro. (ilex aquifolium)

Ola novamente, aprobeito este ratiño de café, para facer unha nova entrada, a segunda da serie.
Hoxe vou falar do acivro, acibeira, (aceveda, acevedo, acevicho, aceviño, acevreiro, acevo, acevro, aciveira, aciveiro, acivo, acivra, acivreira, acivreiro, axivo, cebro, cibro, encebiño, escornacabras, picoloureiro, rascacú, vellebrán... e máis) chamado por algúns xardón; das súas bondades para o torno e a súa relación co mundo dos instrumentos de música.
Antes de nada advertir que é unha especie protexida nos espazos naturais e que en principio está prohibida a tala. En Galiza estivo a piques de extinguirse e protexeuse nos anos oitenta do pasado século. Non quedan xa grandes poblacións, si masas illadas en localizacións de montaña.
 Un exemplar mediano.
 
 
Os acivros alcanza xeralmentealtura de entre 2 e 5 m (chegando algúns exemplares até os 15 ou 20). As follas das pólas inferiores teñen beiras espiñentas pero nas superiores podemos atopar follas de bordos lisos, agás no ápice taménespiñento. A cor é dun verde escuro pulido máis pálido no revés.
 

Unha póla baixa
 
 
A cortiza, de pouco grosor e lisa, presenta unha cor gris verdenta e , da mesma maneira que o buxo (teñen caracteristicas similares) o sámago non se diferencia especialmente do cerme.
Da unha madeira pálida, as veces branca, as veces máis amarela, de gran moi fino e , grazas os seus propios óleos, ten moi bo acabado. As caracteristicas de dureza e densidade son próximas a do buxo (varian moito as mencións segundo a guía consultada).
 

Así o venden para facer casullas de plumase bolis. 
 
 
Presenta unha caracteristica que  lle dota dun valor extra. Amite moi ben os tiguidos polo que foi utilizada ampliamente como sustituto do ébano nos diapasóns das guitarras e as teclas dos pianos.
Tamén teño unha referencia que di que en tempos (antes do Imperio Británico e as colonias) moitas Piob Mhor estaban feitas de esta madeira. Pero o seu uso máis extenso foi para facer pezas de xadrez, tanto as brancas como as negras...
 

 Parece buxo eh... pois non!
 
 
Para os políglotas...portugues: azevinho; catalán: grèvol; euskaro: gorosti; francés: houx; inglés: holly wood (a especie americana que deu nome á Meca do cinema e o ilex opaca... tamén moi interesante); alemán: stechpalme; italiano: agriofoglio...
                                                       ... seguimos falando.




 

venres, 25 de outubro de 2013

Do que se pode facer coa gaita


  1. Recoñezo que a min persoalmente non me gusta demasiado, son mais tirando ó tradicional, pero coido que é interesante dar a coñecer o que se está a facer actualmente no mundo da gaita, e as incribles posi bilidades que coma instrumento musical posúe.

mércores, 23 de outubro de 2013

Esposición Proxectos na Emao

O próximo venres, 24 de novembro inauguramos unha nova exposición no ESPAZO EMAO. Nesta ocasión trátase dos proxectos realizados polos alumnos que remataron as súas respectivas especialidades. Esperámosvos.

Na presente exposición, producida integramente pola EMAO, presentamos algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que remataron os seus estudos no curso 2011-2012 e que, ao longo do presente ano, materializaron a súa proposta inicial, man a man co seu titor/a. Do proceso proxectual, recóllense aquí os resultados, os productos creativos ou artesanais, que representan o froito parcial, unha mostra especial, da experiencia e o coñecemento vivido nas aulas e obradoiros ao longo dos seus estudos.

sábado, 19 de outubro de 2013

Esencias de torno 1. Buxo. ( buxus semprevivens )

Ola, ocórreseme comezar con esta entrada unha serie delas que traten sobor das diferentes madeiras, autóctonas  principalmente, que se poden levar ó torno para traballar na construcción de instrumentos de vento.
Empezo co buxo, madeira mítica tanto pola calidade dos acabados, pola sonoridade, a súa pouca disponibilidade, e a súa tendencia traicionera (a causa dos malos secados) a virarse...


Paseo dos buxos da illa de San Simón, un dos últimos buxedos de Galiza.

Os buxos (pau buxo, boxe en galego e portugues; boj, boje en castelán; boix em catalán; bosso en italiano, buis en francés, boxwood en inglés, e buchbaum en alemán) son arbustivos ou arbóreos; alcanzando entre 2 y 12 m de altura. As follas son lanceoladas redondeadas, opostas, coriáceas, de cor verde escuro.
Ramiña de buxo

A súa cortiza presenta un aspecto acorchado, o sámago e practicamente inexistente aparecendo básicamente o cerme aprobeitable.

Toriños
                       

A madeira, unha vez seca, é dun amarelo pálido que pode presentar trazas liñais máis escuras. Oscurece lentamente polos procesos de oxidación naturais chegando a tomar tonalidades pardas ou castañas en exemplares antigos. Os aneis de crecemento son apreciables pero moi finos, dando lugar a unha febra entrelazada de grán moi fino.
se atendemos ó manuais diremos que unha madeira moi dura con unha densidade variable  de 900-1030kg/m3 e unha dureza de9,0.
Presenta graves problemas de secado, tendendo a fender lonxitudinalmente, a virarse en espiral e a pasmarse (tomar tonalidades grises) pola acción da humidade. Resiste mal a acción dos fungos e desestabilizase cos cambios bruscos de temperatura con variacións notables de constricción e dilatación.


Ai

Respecto do proceso de secado tras do corte, fálase duna media mínima de entre 10 e 20 anos, recomendando facerse en trozos pequenos (non é doada de cortar e moitas veces presenta fendas internas) e baixo cuberta. En tempos curábase en esterco o que lle eugadía tanínos a madeira...

Todas estas dificultades perdonanse porque ten un timbre marabilloso, sen estridencias típicas das madeiras tropicais, e un acabado moi bonito.


........Falamos.